Teléfono: 982128689

Eijo

Descrición

Eclair recheo de crema de andaricas, decorado con varias salsas simulando un pastel petisú.

Ingredientes

Para o eclair: leite, auga, manteiga, fariña, ovos e sal. Para a crema de andaricas: andaricas, cebola, porro, allo e brandy. Para a bechamel: crema de andaricas, fariña, leite e manteiga.

Elaboración

Eclair: Nunha pota mestúranse todos os ingredientes menos a fariña e lévanse a ebulición, engádese a fariña e amasase. Dáselle forma e enfórnase. Crema de andaricas: Saltéanse as verduras e engádense as andaricas e o brandy e cocíñase. Tritúrase fino e pásase por un chino. Bechamel: Únense a metade da crema de andaricas e a metade do leite. Énchese o eclair coa crema de andaricas e adórnase como se fore un pastel.

Horario de degustación

Mañá de 12,30 a 14.30 h | Tarde de 20.00 a 23.00 h.

Días de peche os luns todo o día e mércores e domingo pola tarde.

Bar Queimada

Quenes somos

Bar especializado en tapas e polbo, sito preto da céntrica Praza de Abastos de Ribadeo.

Contacto
Horario

Días de peche os luns todo o día e mércores e domingo pola tarde.