El Oviedo

TERRA, MAR E LUME

Trátase dunha ova de pescada en dúas formas: unha cocida de xeito tradicional e outra en forma de buñuelo. Vai regado por unha sopa de cebola e chícharos e acompañado por unhas perlas de vinagre de ribeiro.

Elaboración:

Cócese a ova e pélase. Coa parte central facemos medallóns e as puntas e engadímolas a unha pasta choux cona que faremos os buñuelos.

Por outra parte facemos unha sopa de cebola tradicional e a última hora engadimos os chícharos , a cebola da sopa pícase ata lograr unha crema que nos servirá de unión e de decoración.

Horario degustación:

Mañás: 13:00 h a 15:00 h
Tardes: 20:30 h a 22:30 h
Domingo tarde, luns, martes e mércores pechado

Quen somos:

Ofrecemos un espazo con encanto para desfrutar de bós viños e moi boas tapas. Dispoñemos dun acolledor comedor.

Contacto:

Rúa Amando Pérez, 5
982 128 100

Zona 2

Permitida a entrada con animais

Permitida a entrada con animais

Ir al contenido