Teléfono: 982128689

Crocante de crema de queixos con lagostinos, guirlache e trigueiros confeitados

Ingredientes

Queixo fresco, queixo de cabra, lagostinos, espárragos verdes, pasta «brick», mel, sal, pementa e ceboliño.

Elaboración

Pelamos os lagostinos e procedemos a acaramelar nunha tixola a lume suave, removendo continuamente para que o mel se mesture e reservamos.

Pelamos e cortamos os espárragos, confeitamos con aceite de oliva a lume suave, sen chegar a ferver. Reservamos.

En frío, mesturamos os queixos e salpementamos. Engadimos os lagostinos torados e os espárragos confeitados e mesturamos ben.

Faremos saquiños coa pasta «brick», que pecharemos cunha herba de ceboliño.

Fornear a 180º durante cinco minutos.

Horario de degustación

Mañá de 13.00 a 15.00 h Tarde de 19.00 a 22.00 h. 

Hotel Restaurante Voar

Quen somos

O local consta dunha zona de bar – cafetería, un comedor principal, dous comedores anexos e un máis para grandes eventos.

Contacto
Horario

Aberto todos os días agás o domingo 15 de maio.