Teléfono: 982128689

Rabo de touro á cordobesa

Descrición

Rabo de touro en salsa acompañado de pataca.

Ingredientes

Rabo de touro, allo porro, cebola, cenoria, allo, pataca, viño tinto, sal, aceite e tomate.

Elaboración

Pasamos o rabo de touro polo aceite, coas verduras axuntamos o viño tinto e a auga, cociñamos durante unha hora aproximadamente.

Retiramos o rabo de touro e desgraxamos e reducimos a salsa.

Horario de degustación

Mañá de 13.00 a 15.30 h. Tarde de 20.00 a 23.00 h.

Restaurante La Flor de José

Quen somos

Este bar-restaurante de dúas plantas situado na rúa San Roque ofrece un servizo impecable nun ambiente moi acolledor, onde se coidaron todos os detalles.

Contacto
Horario

Aberto todos os días.