Teléfono: 982128689

O Renacer do Cantil

Un programa de actividades realizado por profesionais e expertos nas materias que imparten, onde a natureza é escenario ou argumento.

Prepárate para gozar da costa con novas propostas e beneficiarse dos seus positivos efectos.

Cada ano neste tempo, a natureza énchese de vida, impregnando de presenza e personalidade as nosas impoñentes paisaxes. Cada ano, despois da quietude do inverno,a natureza renace agasallándonos con aromas, texturas, imaxes e sons que alimentan os nosos corazóns e que nos convidan a sentir a vida en plenitude. “O Renacer do Cantil” é unha invitación a compartir ese renacemento, a sintonizar coa forza e alegría da natureza dos nosos cantís nestes meses de primavera e beneficiarse dos seus efectos, a gozar dos nosos privilexiados escenarios dende un lugar máis íntimo.

Cómo participar?

A participación é gratuíta e, limitada a vinte persoas no caso dalgunhas actividades.

Sábado 14 de maio

11:30h En Piñeira - Coordenadas: 43.55173,-7.07101.“ARROLOS DO CANTIL” a cargo de Vanessa González Suárez de “Siete ranas verdes”.

Para alonxarse do trafego diario e mergullarse na natureza, “Arrolos do Cantil” presenta unha actividade dedicada ao benestar físico e mental, a través de técnicas de relaxación na natureza, respirando aire fresco, apreciando o entorno, escoitando o son das ondas, sentindo a suavidade da herba fresca e os suxerentes aromas do mar. Duración: 1 hora y media. Número máximo de participantes: 20 persoas. Materiais: recoméndase traer unha mantiña

Domingo 15 de maio

11:00 a 13:30 h. No Parque Etnográfico do Cargadoiro. “TAI CHI NO CANTIL”a cargo de Héctor Peña Díaz.

Como enuncia un proverbio popular chino: “O practicante de Tai Chi adquire a forza dun leñador, a flexibilidade dun neno e a sabedoria dun vello”. Co marabilloso escenario do noso mar de fondo, Héctor Peña Díaz introdúcenos no universo desta arte marcial que propicia a calma e o equilibrio interior, a través dunha charla inicial sobre os principios do Yin-Yang e os cinco elementos, continuando coa práctica das “Oito Xoias” -táboa clásica de Qi Gong de oito movementos- e rematar cunha demostración das formas de Tai Chi, incluíndo o manexo de abanico, a Espada e a Man Vacía.

Sábado 21 de maio

11.00h. En Piñeira.” A VIDA NO CANTIL COS CINCO SENTIDOS” a cargo de Xurxo Mouriño.

Biólogo profesional da Bioloxía da Conservación da Natureza. Xurxo Mouriño propón un achegamento á vida do cantil. Un paseo de campo para coñecer mellor aos seus habitantes través dos sentidos: as herbas e flores que conforman a paisaxe costeira, os paxaros e os seus cantos primaverais, os insectos e anfibios que se atopan no camiño…. un universo enteiro por descubrir