Taberna Gastronómica Kalpa Amodiño

CHAAT-EO DE MILLO

Chaat é un petisco feito para comer coas mans e elaborado cunha mistura de especias caseiras que se utilizan para sazonar unha galleta crocante, perfecta para degustar no local ou tamén para levar.

Ingredientes:

Millo, faba de maio ou chícharo fresco, pataca nova, aceite, allo, cebola, xenxibre, chiles, cilantro, menta fresca, comiño, pementa, sal negro, limón galego, tamarindo, iogur, azucre, pétalos, especias varias…

Tapa sen glute

Tapa apta para vexetarianos

RE-POSO DE CAFÉ

Tapa doce

Unha culler de café fermentado e queixo cremoso.

Ingredientes:

Queeixo mascarpone e requeixo galegos, nata, azucre, café reducido fermentado previamente, especias da casa combinadas, cacao.

Tapa apta para vexetarianos

Horario degustación:

Mañás: 12:30 h a 15:00 h
Tardes: 20:30 h a 22:00 h
Luns e domingo pola tarde pechado

Contacto:

Rúa Amando Pérez, 8
722 230 028

Zona 2

Permitida a entrada con animais

Ir al contenido