Teléfono: 982128689

Ravioli de cocido galego

Descrición

Ravioli esférico feito con grelos e recheo de cocido galego cunha base de pataca e un aceite de chourizo, cacheira de porco salgado, grelos, chourizo, pataca, aceite de oliva.

Elaboración

Faise o cocido tradicional, cocendo o grelo aparte e despois coa axuda de papel filme facer un esférico con exterior con grelo e o recheo de cocido desfebrado. Por outro lado na auga do cocido cócensen patacas que despois se machucarán con AOVE. O chourizo desfébrase e confeitase en aceite de oliva. No fondo do prato collemos unha culler de pataca machucada, enriba o ravioli, previamente quentado ao vapor, e rematamos con chourizo confeitado en aceite.

Horario de degustación

Mañá 12.30 a 14.30h | Tarde 20.00 a 23.00h.

Domingos á noite e luns pechado

Ramonita

Quen somos

É unha casa de comidas que mestura un ambiente clásico con aspectos máis modernos, que se reflexa tamén na súa gastronomía.

Contacto
Horario

Horario: Mañá de 12.30 a 14.30h

Tarde de 20.00 a 23.00h

Domingo á noite e luns pechado