Teléfono: 982128689

Scape Tapeo

Participa no primeiro Scape Ribadeo de Tapeo e pasa unha noite na compaña das túas amizades, xuntos poderedes gañar unha cea para tódolos compoñentes do grupo.

SCAPE RIBADEO DE TAPEO

O SCAPE TAPEO é un xogo dirixido a maiores de 18 anos. Un xogo por equipos no que teredes que ir realizando unha serie de probas que será necesario superar para así poder obter os diferentes códigos que vos permitirán rematar o xogo.

Cada proba estará situada nun punto estratéxico, que os/as participantes deberán de dar con el, seguindo as pistas que a organización e o xurado vos proporcionarán.

O obxectivo principal é pasar unha boa noite na compaña das amizades e probando as diferentes tapas que a hostalaría de Ribadeo nos ten preparadas.

Premio

O grupo que primeiro descifre os códigos e consiga máis puntos deste I Scape do tapeo, obterá unha cea para tódolos compoñentes do grupo.

Cando?

O xogo comezará ás 20:30 h do martes 16 de maio. Deberá estar todo o grupo presente ao seu comezo no punto que vos indicará a organización do mesmo, a través do correo electrónico ou a través da páxina de facebook de Ribadeo de Tapeo.

Requisitos

Respectar o número de compoñentes do grupo (entre 5 e 10 persoas).
Tódalas persoas participantes tedes que superar os 18 anos.
Probar a tapa en tódolos locais de hostalaría polos que vos toque pasar.
Se algún membro do equipo non pode beber bebidas alcohólicas deberá de informar antes do comezo do xogo.

Obrigas dos grupos

Todos os equipos estarán obrigados a competir nobremente.
Respectar e obedecer as indicacións dos/das xuíces/xuízas e persoal da organización.
Se algún membro do equipo non pode beber bebidas alcohólicas deberá de informar antes do comezo do xogo.

Puntos

Por cada proba superada, na que estea presente o xurado, recibiredes unha puntuación que se determinará segundo a execución e implicación do grupo.
Poderedes obter puntos extra, para iso, deberedes estar atentos/as á páxina de facebook de Ribadeo de Tapeo ou ao correo proporcionado, onde vos indicaremos máis formas de acadar puntos.
Para ir quentando motores e deixarvos tempo para pensar, podemos dicirvos que se todo o grupo ven caracterizado (camisetas, panos, chapas, sombreiros, disfraces...o que vos desexedes) obteredes puntos extras, valoraremos a orixinalidade como grupo.
A organización e o xurado poden descontar puntos:

Se o comportamento do grupo non é o apropiado.
Se non se presentan todos os membros do equipo nas probas.
Se non se respectan as indicacións dadas polos/as xuíces/xuízas.

Como participar?

Os equipos estarán formados de 5 a 10 participantes como máximo.

Poderédesvos apuntar no correo scaperibadeotapeo@gmail.com onde nos debedes de informar do número e nome dos/das participantes, do número de teléfono ou correo electrónico de contacto.

Conformidade

A inscrición neste xogo supón a plena aceptación das presentes bases de participación.