Teléfono: 982128689

Soños gastronómicos

Prepara a túa escapada. Prepárate a soñar

Reserva xa a túa estancia en Ribadeo!!!

Do 14 ao 22 de maio.
A través de SOÑOS GASTRONÓMICOS en Ribadeo, con gran sabedoría, atopamos un vehículo idóneo para conxugar sabores exquisitos e aloxamentos con encanto, ofrecéndoche momentos memorables.

SOÑOS GASTRONÓMICOS inclúe:

 

  • Descontos nos aloxamentos.
  • Paquete de información turística.
  • Sorteo dunha noite de estancia en Ribadeo participando na ruta de Tapeo Express.
Podes consultar as ofertas particulares e facer as túas reservas en:
Apartamentos Rurais Casa Benito
Hotel Boutique Loriente
Hotel Javier Montero
Hotel Cabazo
Hotel Mi Norte
Camping Rinlo Costa
Parador de Ribadeo
Hotel Faro Isla Pancha
Hotel Gastronómico Araucaria
Ruta Tapeo Express
Se estás en Ribadeo de visita e pasas a noite nalgún dos aloxamentos asociados ao programa Soños Gastronómicos, pide o teu pasaporte Express e consegue polo menos 5 selos dos locais das rutas de tapas. Despois entrega o teu pasaporte no establecemento hostaleiro co seu selo.

Así, entrarás no sorteo dunha estancia para dúas persoas no Hotel Fogar do Mariñeiro por cortesía deste establecemento, un almorzo para dúas persoas na Cafetería La Lira por cortesía deste establecemento e un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento A Mareta.
Premiado: IBON DÍAZ GARCÍA (BIZKAIA)