Nesta edición queremos dar un paso máis e ligar a nosa gastronomía co territorio creando unha nova categoría de TAPA MÁIS SOSTIBLE e como primeiro paso quixemos establecer como requisito que os petiscos fosen elaborados nun 50 por cento con produto local ( ata 100 kilometros) , cuestión que a organización comprobará a través da trazabilidade dos alimentos.
Ademais con esta nova categoría desexamos significar o valor da produción local e agroecolóxica, apostando pola sustentabilidade nos tres eixos: ambiental, social e económico.
Así contamos coa colaboración do EO ALIMENTA que proporcionou asesoramento á hostalaría neste sentido, facilitou tamén un maior coñecemento posibilitando unha rede de contactos entre a hostalaría e as persoas produtoras da zona.
Ademais con esta nova categoría desexamos significar o valor da produción local e agroecolóxica, apostando pola sustentabilidade nos tres eixos: ambiental, social e económico.
Queremos ir pois incorporando medidas que melloren a gastronomía de Ribadeo , e nesta evento optamos por priorizar os alimentos locais e valoramos que sexan ; ecolóxicos , agroecolóxicos , o emprego de presentacións sostibles así como a colaboración con outras entidades locais.
Esperamos que sexa esta iniciativa o inicio cara un camiño de alimentación máis sustentable.
Se queredes máis información sobre a tapa sostible podedes poñervos en contacto con coordinacion@eoalimenta.org