Ribadeo de Tapeo. XVII Edición.

As persoas amantes do bo comer están de parabéns . Presentámosvos unha selección de 24 petiscos que escenifican o bo facer e a creatividade da hostalaría ribadense. O Ribadeo de Tapeo converteuse desde o seu nacemento nun dos elementos máis arraigados das nosas relacións como comunidade ademais representa un activo cultural e gastronómico que une alimentos e territorio.

É por iso que desexamos nesta edición impulsar a presenza dos alimentos de proximidade , frescos e de tempada.

Entendemos que apostar por unha gastronomía máis sustentable é clave para un desenvolvemento máis equilibrado e harmonioso do noso territorio. Un elemento de calidade para a nosa nutrición, positivo para a conservación da biodiversidade e unha aposta para pór en valor o sector primario e a seguridade alimentaria.

De aí que nesta edición de Ribadeo de Tapeo queiramos sensibilizar sobre o feito de que a nosa alimentación é desas cousas que importan e de que ten un superpoder nas inercias da sociedade, un camiño no que avanzar. De aí que hoxe queiramos presentarvos o que é un paso máis no camiño da sostibilidade.

Desexámosvos un bo comer e un bo vivir.

Que gocedes do Ribadeo de Tapeo.

Ir al contenido