As persoas amantes do bo comer están de parabéns.
Presentámosvos unha selección de 23 petiscos que escenifican o bo facer e a creatividade da hostalaría ribadense. O Ribadeo de Tapeo, unha cita que se converteu dende o seu nacemento nun dos elementos clave nas das nosas relacións como comunidade, ademáis de representar un activo cultural e gastronómico único, chega á súa edición número XVIII.
Queremos apostar pola nosa gastronomía, un activo primordial para o desenvolvemento, tanto social como económico, do noso territorio, tendo sempre en conta a calidade do produto para a nosa saúde e disfrute e poñendo en valor o noso sector primario, con produtos de proximidade, e a seguridade alimentaria.
Como dende sempre se vén facendo, nesta edición de Ribadeo de Tapeo queremos sensibilizar sobre a importancia da nosa alimentación e facémolo en colaboración coa hostalaría ribandese, onde se poderán degustar 23 petiscos (21 salgados, 2 doces) nos 21 establecementos participantes.
Desexámosvos un bo comer e un bo vivir.
Que gocedes do Ribadeo de Tapeo.
O larpeiro de ouro foi para Alfredo Palomo, que gañou un vale de comida/cea para dúas persoas, por cortesía do Parador de Ribadeo + un estoxo de vermú Arnao, composto por dúas botellas máis dous vasos, por cortesía de Discosta Norte, Bodegas San Damián + 2 botellas de licor, por cortesía de cafetería Barallocas.
E os premios picariño lambón foron para Erea Álvarez Rodríguez e Aldara Iravedra Carballés, que recibiron un lote de libros cada unha.
Tamén se repartiron premios por zonas: vales para almorzos (en Cayo Coco e Mareta, comidas en O Indiano, O Furancho no Camiño, Mesón D’Cata e Ramonita) e estoxos de vermú e de viño por cortesía de Discosta Norte e Porta Norte Alimentación.
Entre as persoas que votaron a través da APP sorteáronse 5 vales de 50 euros cada un para gastar nos establecementos gañadores. Os afortunados recibiron un aviso a través da app que deberán mostrar no momento de canxear o seu premio.
Na entrega de premios participaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Marta Saiz, que agradeceron a participación dos 21 locais que este ano se deron cita do Ribadeo de Tapeo así como o apoio da clientela que acudiu a saborear as propostas da hostalería ribadense.